Benqueridos veciños e veciñas:

Unha vez máis Coalición Miñorana preséntase con ilusión a unhas eleccións municipais contando co esforzo e entrega dun equipo de mulleres e homes liderados polo noso candidato Manuel Vilar.

Coalición Miñorana é xa unha opción política consolidada, cunha lexislatura de xestión de goberno seria, eficaz e transparente e con moitos anos de experiencia política do seu candidato: o teu alcalde Manuel Vilar.

En Coalición Miñorana consensuamos, de xeito democrático, a presentación dun equipo de persoas que integrarán a nosa candidatura tratando de aunar experiencia e xuventude, traballo e coñecementos, representación parroquial e, sobre todo, gañas de traballar por Baiona, polos seus veciños e veciñas e polo seu progreso e desenrrolo.

Baiona está experimentando ó longo destes derradeiros anos o maior proceso de desenrolo sostible da súa historia, planificado e xestionado sendo alcalde Manuel Vilar.

En Coalición Miñorana somos xente independente, alonxada das batallas políticas entre os grandes partidos nacionais, e non lle debemos explicacións a ninguén somentes ó pobo de Baiona que depositou e seguira depositando en nós a súa confianza.

En Coalición Miñorana somos xentes que respetamos ó noso patrimonio natural, histórico e cultural, como alma e corpo de Baiona, o noso maior ben e a nosa maior erdanza.

En Coalición Miñorana respetamos ós nosos veciños, as súas inquedanzas; estamos con eles nos momentos malos e como non, nos momentos de ledicia. Sodes as nosas familias, os nosos amigos e amigas e os nosos compañeiros.

No seu mandato conseguiuse aprobar por consenso o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal que fixo posible que Baiona se convertera nun concello harmonioso e ben planificado con feitos que amosan a xestión levada a cabo por Manuel Vilar.

Está vostede en: Páxina inicial

Os que avalamos esta candidatura de Coalición Miñorana CMÑ, un proxecto de centro e municipalista, que aposta por potenciar a Mancomunidade do Val Miñor, desexamos, igual que vos, que Manuel Vilar sexa o Alcalde dun goberno eficaz e transparente para que o Municipio de Baiona siga sendo unha referencia na Galicia do século XXI..

 

 

Coalición Miñorana de Baiona

Rúa do Conde, 69 / 36300 Baiona (Pontevedra)

Tfno. e Fax: 986 35 83 27. Correo electrónico: correo@cmbaiona.com

 

Web programada por Fialato Alta Resolución, S.L.